Imagen ampliada

Percorrido literario e toponímico polas Illas CíesPercorrido literario e toponímico polas Illas Cíes Evento

Reserva necesaria
+
Poster del evento

Última actualización: 2017-09-01 16:23:06

Ficha técnica Ocultar

Tipo

Visita guiada

Descripción

A Concellaría de Normalización Lingüística organiza un paseo literario e toponímico pola Ría de Vigo e as illas Cíes, guiado por Amadeo Cobas (autor do libro “Poboadores do Atlántico”) Xosé Lois Vilar (arqueólogo) e Gonzalo Navaza (investigador en toponimia).

 

Data: sábado, 16 de setembro de 2017

 

9.00h: reunímonos no embarcadoiro

9:30h: saída do barco cara ás Cíes

 

 

10.30 a 14.30h percorrido polas illas de Monteagudo e do Faro guiado. Falaremos da historia das illas, de corsarios e piratas, de Drake, de lendas, naufraxios, de toponimia...

 

Tempo libre a partir das 14.30 h

 

19.00h: reunímonos no embarcadoiro

 

19:30h: saída rumbo a Vigo

 

 

Prezo: 10 euros (travesía e paseo. Non inclúe a comida. Pódese xantar nos restaurantes das illas).

 

Reservas de praza:

 

a) Dende o 4 de setembro, de luns a venres, de 10:00 a 13:00 no teléfono 986 36 05 75 (Instituto de Estudos Miñoranos)

b) De lle confirmar a praza, deberán facer o aboamento na conta corrente

2080.5035.07.3040014164 de ABANCA

c) No “concepto” do depósito debe constar a indicación “Cíes” acompañada dos números de viaxeiros que se lle outorgarán na reserva telefónica. Logo hai que enviar o comprobante do ingreso ao correo electrónico oficina@iem.gal

d) IMPORTANTE: de non enviar o comprobante antes do día 11 de setembro, será eliminada esa reserva.

Horarios (click en la fecha para ver)

Sábado (16-09-2017)
Illas Cíes (Vigo)
Guardar en Google Calendar title=
10 €
-- (-- min)

Agotado Cancelado