Imagen ampliada

Festival das Núbebes 2017Festival das Núbebes 2017Para niños Evento

+
Poster del evento

Última actualización: 2017-09-09 11:12:23

Ficha técnica Ocultar

Descripción

Co mes de setembro chega a Pontevedra o festival que os máis pequenos/as e tamén os papás e mamás estabades a agardar. Serán dúas intensas fins de semana cheíñas de propostas arredor das artes escénicas, pensadas e dirixidas á cativada da casa.

Teremos teatro, danza, música, obradoiros, animación de rúa, contacontos, a guerra de  almofadas...

Un amplo abano de cousiñas bonitas que preparamos con moito cariño e cuns fermosos obxectivos: que poidades aprender xuntos, compartir experiencias e gozar dun tempo de lecer en familia.

O programa de actividades desenvolverase os días 22, 23, 24, 29, 30 de setembro e 1 de outubro, en espazos espallados por toda a cidade: Casa das Campás, Casa Azul, Teatro Principal, Praza do Teucro e o Patronato de Turismo Rías Baixas. Descarga e consulta o programa.

Comeza a quinta edición. Benvidos/as ao Festival das Núbebes!

 

NORMAS DE PARTICIPACIÓN

  • Ten en conta que todas as actividades do programa teñen un aforamento limitado, e que o número de prazas dispoñibles dependerá das características de cada unha delas e a idade dos cativos aos que se dirixan
  • O Festival dispón de venda de entradas anticipada en www.ataquilla.com. Este servizo está operativo para as entradas daqueles espectáculos que teñan custe
  • Para asistir ás actividades, tanto as que sexan de balde como as que teñan un custe, é necesaria a recollida previa de entradas na billeteira do Teatro Principal,(a excepción das que se impriman na casa a través do servizo que ofrece www.ataquilla.com)
  • As entradas poderán retirarse o mesmo día da función (cun máximo de 4 por persoa e espectáculo) cos seguintes horarios: de 10.00h a 13.00h para os espectáculos da mañá e de 16.00h a 19.00h para os espectáculos da tarde. Os venres a billeteira só abrirá en horario de tarde
  • As actividades de rúa non requiren entrada
  • Por favor, chega un pouco antes da hora.As actividades programadas comezarán puntualmente. Unha vez iniciada a función non se poderá acceder ao espazo onde se celebre
  • Os bebés deben ir sempre acompañados por unha ou dúas persoas adultas
  • As actividades recollidas neste programa poden estar suxeitas a  cambios de última hora alleos á organización

Notas

Horarios (click en la fecha para ver)

Viernes (22-09-2017)
Consultar programa (Pontevedra)
Guardar en Google Calendar title=
-- (-- min)
Sábado (23-09-2017)
Consultar programa (Pontevedra)
Guardar en Google Calendar title=
-- (-- min)
Domingo (24-09-2017)
Consultar programa (Pontevedra)
Guardar en Google Calendar title=
-- (-- min)
Viernes (29-09-2017)
Consultar programa (Pontevedra)
Guardar en Google Calendar title=
-- (-- min)
Sábado (30-09-2017)
Consultar programa (Pontevedra)
Guardar en Google Calendar title=
-- (-- min)
Domingo (01-10-2017)
Consultar programa (Pontevedra)
Guardar en Google Calendar title=
-- (-- min)

Agotado Cancelado

Marcador 1 Consultar programa Abrir en Google Maps